Naufraxios

Arturo Caramés, Joao Monteagudo, Martín Flores, Sara Castro

en min.
Obedezo a chamada das mareas
non sei que queren conseguir.
Corre o medo polas miñas veas,
os cantos mesturanse co vento
os gritos coa area.
Non podo fuxir,
quero resistir,
a luz lonxe de min,
a luz lonxe de aquí.
Comezo a xirar,
quen ten o control
desta situación?
Desprezo a realidade,
busco unha nova identidade.
Xa estou dentro
non miro atrás.
Olladas que enganan
xa non sinto nada,
non encontro as miñas pegadas.
Lembranzas da terra
fanme dubidar,
se de verdade este aire
poderá darme a paz.
Non podo fuxir,
quero resistir,
a luz lonxe de min
a luz lonxe de aquí.
Comezo a xirar,
quen ten o control
desta situación?
Desprezo a realidade,
busco unha nova identidade.

Beliebteste Lieder von Haku

Andere Künstler von Pop rock